viernes, 4 de marzo de 2016

Vivencias no caurel

A viaxe polo Caurel foi moito mellor do que pensaba.
Comenzou un martes as oito da mañán, collemos o bus todos os compañeiros e puxemos rumbo a lugo, A Serra do Caurel. Chegamos tempraniño ainda o sol non dera as súas horas fortes. Comenzamos a nosa camiñata montaña arriba, na cal puidemos ver, debesas, cascadas, diversas especies de árbores, pero sobre todo moita neve, o cal facía que a nosa ruta resultase moito máis dura, pero como a compañía era grata, por fin conseguimos chegar a cima e pornos a xantar e sobre todo descasar un chisco, xa que conseguiramos subir 1.600 metros de altura. O rematar puxemos rumbo o refuxio de montaña en Seara, mentres observamos unha lagoa conxelada e algunha cascada máis. A iso das 7 a nosa ruta rematou, por fin chegamos o refuxio no cal distribuimos habitacións, duchas..., cando xa todos estabamos listos a iso das 9:30, fumos a cear o bar do pobo, un lugar moi acolledor e agradabel. A cea consistiu nun bo prato de lentellas quentes e de segundo un pouco de xamón asado con patacas fixo que a cea fose aínda mellor, rematamos co postre, un flan caseiro do máis rico.
O regreso o albergue foi do máis tranquilo pola noite uns trucos de máxia e unhas partidas as carta, entre risas e bo humor, pecharon a noite ata o día seguinte.
O día seguinte comenzou cun bo desayuno de leite con totadas e mermelada, o ematar recollimos e limpamos o albergue e puxemos rumbo a ferraría, onde nos explicaron o seu funcionamento....
Nos diriximos a monforte de lemos a xantar, o rematar puxemos rumbo as termas de lugo o cal deu por finaliazado o noso día, chegando as sete o punto de encontro cos pais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario